Entretendas conta xa con licencia para por en marcha un Outlet

    entretendas100_070208.jpgSANXENXO > A xerencia de Urbanismo deulle hoxe o visto bo á licencia para a tenda Outlet que quere montar Entretendas en Adina …

    … A asociación de comerciantes indicou a Tele Salnés Barbanza que iniciará en breve as obras de acondicionamento do local que alugaron no lugar do Pombal.

    entretendas_outlet200_070208.jpgO Centro Comercial Urbano de Sanxenxo, Entretendas, contará cun espazo para liquidar stocks da pasada tempada a prezos asequibles, o que se chama un Outlet. A xerencia de urbanismo aprobou hoxe a licencia para acondicionar un local que a asociación alugou en Adina. Arredor dunha vintena de asociados participarán neste proxecto. No interior sacaranse os tabiques para crear un espazo aberto que se estructurará por seccións. A superficie total é de 250 metros cadrados. A idea é que esta tenda Outlet funcione durante todo o ano, e segundo as previsións de Entretendas, estará aberta para Semana Santa.

    Redacción Salnés