Cine, teatro, gastronomía e inchables para pasar o Nadal no CCA

    VILAGARCÍA>

     

    O Centro Comercial Arousa de Vilagarcía xa encendeu o Nadal. Onte á noite activou as luces nadaleñas e con elas un amplo programa de actividades que durante todo o mes de decembro e ata xaneiro farán as delicias de toda a familia. Pero sobre todo dos máis pequenos. Cine, teatro, contacontos, talleres de cociña ou inchables. Unha oferta do máis completa para escoller.

     

     

    Coa música das panxoliñas interpretadas polo Coro de Voces Amigas de Vilagarcía e o acendido das luces o Centro Comercial Arousa foi un dos máis madrugadores en dar o inicio oficial ás festas de Nadal. A partir de agora, un mes por diante para vivir estas datas especiais en familia, e do xeito máis divertido. E é que os responsables do Centro configuraron un ano máis un programa de actividades do máis completo para encher de vida as súas instalacións e servir como complemento perfecto ás compras de agasallos. A primeira cita, o 19 de decembro cunha sesión de contacontos.

     

    Nunha época doce coma o Nadal non podía faltar un taller de gastronomía. O mini campamento Chef Camp acenderá os fogóns entre o 28 e o 30 de decembro para que os máis cativos aprendan a elaborar as sobremesas típicas destas datas, desde trufas de chocolate a turrón branco con lacasitos ou cupcakes. Pero tamén haberá deporte, co I Campionato Junior de Scalextric, inchables, cine infantil con proxeccións de Disney ou un espectáculo de humor a cargo do trío cómico de Vilagarcía Trimentes.

     

    E non vai faltar a visita de Papá Noel. Estará puntual dos días 21 ó 24 de decembro, tanto pola mañá como pola tarde, para recoller as cartas de tódolos cativos de Vilagarcía.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/27/nadal_cca.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/27/LUCES_NADAL_CCA.mp4{/flowplayer}