Xunta e Concello inauguran a comunicación de Cuntis ‘sen fíos’

    wimaxcuntis100_070208.jpgCUNTIS > TVSB asistiu hoxe en Cuntis á posta en marcha dunha nova rede de comunicación sen fíos, con tecnoloxía WIMAX.

    Máis de duascentas familias de Cuntis poden comunicarse desde hoxe a través dunha rede de comunicación sen fíos, con tecnoloxía WIMAX.

    wimaxcuntis200_070208.jpgA directora xeral de promoción da Sociedade da Información, Helena Veiguela, inaugurou hoxe este servizo establecendo comunicación cunha veciña da aldea de Gontade. Ponse en marcha así un dos 12 proxectos piloto implantados en Galicia. Os usuarios terán conexión a internet en banda larga e telefonía sen fíos, cunha tarifa plana de 9,95 euros.

    Para por en marcha a rede WIMAX, Concello e Consellería de Industria asinaron un convenio de colaboración hai seis meses, cun presuposto de 83.200 euros. ademais da infraestructura tecnolóxica, habilitouse unha aula de dinamización nas novas tecnoloxías no centro de formación ocupacional da Ran, e contratouse a unha dinamizadora para organizar cursos e obradoiros.

    Redacción Salnés