Telmo Martín rompe coa imaxe tradicional das campañas electorais e asegura que ‘Nada é imposible’ para Sanxenxo

SANXENXO> O Partido Popular de Sanxenxo rompe coa imaxe tradicional das campañas electorais. O alcalde e candidato, Telmo Martín, presentou a que será a súa cartelería: unha fotografía na que aparece el, sorrinte, sacando un selfie con Silgar de fondo. O lema escollido é ‘Nada é imposible’; unha frase coa que quere marcar o rumbo dos vindeiros catro anos. Martín explica que afronta estes comicios, os seus quintos como candidato, co obxectivo de mellorar os resultados de 2019, aínda que centrado en mater o goberno.

Unha fotografía en horizontal amósanos a un Telmo Martín sorrinte sacando un selfie coa praia de Silgar como fondo. É a estampa coa que o Partido Popular de Sanxenxo quere rachar coa imaxe tradicional das campañas electorais.

‘Nada é imposible’ é o lema co que Martín afronta os seus quintos comicios como candidato do PP. Unha frase coa que busca marcar o rumbo dos vindeiros catro anos.

O obxectivo principal dos populares é manter o goberno de Sanxenxo despois do 28 de maio. Tamén mellorar os resultados de 2019, aínda que o alcalde e candidato é consciente de que é complicado superar a barreira dos 10 concelleiros. Iso si, confía no equipo que leva na lista que conseguiu integrar no PP a dous membros de SAL, o voceiro Yago Torres e Lucía Otero.

Tras presentar a imaxe e o lema da súa campaña, Telmo Martín asegurou que o seu goberno está centrado na Semana Santa. Será despois, o 11 de abril, cando o PP celebre un dos actos centrais da precampaña: un almorzó informativo cos líderes de opinión da vila para presentar o seu proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí