O cansancio será o prinicipal inimigo en Ibiza

baloncesto250_080208.jpgSALNÉS > Despois do duro golpe que supuxo a eliminación da Eurocup, o Extrugasa acude a Ibiza para enfrontarse mañá ó Promociones Santa Eulalia. Pola súa banda, o Inelga viaxa a Xixón co obxectivo de acadar unha victoria que lles alonxe definitivamente dos postos de descenso.

Sen apenas tempo para o descanso o Extrugasa enfróntase mañá ó Promociones Santa Eulalia. A expedición vilagarcián tiña prevista a súa chegada a Ibiza este mediodía para descansar e prepara-lo encontro en apenas 24 horas. Será un partido moi complicado; o rival é o cuarto clasificado na xeral e ademais presume de se-lo único equipo que foi quen de derrotar nesta campaña ó intratable líder Ros Casares.

As de Isaac Fernández terán por tanto que loitar fundamentalmente contra tres factores: o rival, o cansancio acumulado con tanta viaxe e o moral, unha incógnita despois da derrota de onte en Israel. A maior ameaza balear ven dende Silvia Morales e Constance Little, dúas das cinco mellores xogadoras da liga en valoración. O partido dará comezo ás 19:00.

O Inelga pola súa banda viaxa ata Asturias para enfrontarse ó Grupo CLN Gijón. Ambos equipos camiñan esta temporada co mesmo balance de victorias e derrotas, 7-10, polo que prevese un partido moi reñido.

Xa no encontro de ida púidose ve-la igualdade existente entre ambos conxuntos cando despois dos corenta minutos tiveron que ir á prórroga, con victoria final para o Gijón. Seguro que os de Juan Espiñeira queren devolverlle-la xogada no partido deste domingo, que se disputará no Pavillón Braulio García a partires das 12 da mañá.

Unha división por debaixo, o Establecimientos Otero enfróntase ó Celso Míguez, equipo da parte baixa da táboa, polo que non deberían ter problemas para acada-la victoria e defende-lo segundo posto na xeral.

Redacción Salnés