O Arosa, a piques de pechar o acordo cos ex xogadores

plantilla_deportespagoxogadoresarosa.jpgVILAGARCÍA> Cada vez está máis preto o acordo para o pago fraccionado da débeda cos xogadores da tempada 2008-2009. A Xestora reuniuse onte co avogado dos futbolistas.

{flowplayer}images/salnes/AROSA_PAGO_XOGADORES.flv{/flowplayer}

Manuel Abalo asistiu a esta cita coa predisposición de zanxar o tema. Así o manifestou o luns e onte volveu recalcar, que a xestora acudía á reunión decidido a resolver o tema, e para iso ían facer entrega dos primeiros 10.000 euros. Os arousáns presentaron onte a súa proposta ó avogado dos xogadores, que, segundo Abalo, xa comunicou que algún deles estaban dispostos a aceptalo. Pero que aínda non falou con todos eles. De momento, o presidente do Arosa asegura que as cousas van por bo camiño, pero que aínda queda esperar a que todos os xogadores estean de acordo.

A proposta da xestora arousá xiraba arredor de tres puntos fundamentais. O primeiro deles era que, engadidos aos 16.357 euros que os xogadores perdoarán se todos os pagos se fan nos prazos fixados, rebaixen outros 5.000. Deste xeito, a débeda pasaría dos 76.357 euros até 50.000. A segunda petición consistía en que o último prazo fixado, que o equipo debería facer efectivo o 31 de maio como data límite, se puidese atrasar até o día 31 de agosto.

Este punto está estreitamente relacionado coa última condición do club, que é que os seis xogadores que denunciaron ao Arousa, lle retiren, despois do segundo e o terceiro pago, a demanda pola cal na Lomba teñen os servizos federativos suspendidos. Estes pagos, deberían realizarse en decembro e febreiro respectivamente, e suponen 10.000 e 20.000 euros respectivamente. Entre todos os puntos, este é o máis conflitivo.

Outra opción que se baralla, sería que a última cota se retrasase até agosto, pero non até final de mes. Deste xeito, se o club arousán comezase a campaña de socios antes de tempo, os da Lomba poderían recadar os 15.000 euros finais e resolver este tema.

 Redacción Salnés