Total desencontro entre Xestur e os empresarios sobre o prezo das parcelas de Espiñeira

    xuntanzaxesturabe_100_080208.jpgBOIRO > Xestur non estudará un cambio de prezo nas parcelas da segunda fase do polígono industrial de Espiñeira.

    {flowplayer}barbanza/xuntanzaxesturabe.flv{/flowplayer}

    BOIRO > Xestur non estudará un cambio de prezo nas parcelas da segunda fase do polígono industrial de Espiñeira. Decepcionados. Así saíron os membros da directiva da ABE da reunión mantida este mércores co presidente de Xestur, Luís Barcia. Dende o comezo da xuntanza, a postura da empresa pública responsable da urbanización da segunda fase do polígono de Espiñeira foi tallante. O prezo do metro cadrado e as bases do concurso púlbico para a adxudicación das parcelas son inamobibles.

    Tanto o presidente da patronal boiresa, Luís Ángel González, como a súa vicepresidenta, Begoña Díaz, calificaron a actitude do responsable autonómico de prepotencia e a piques estiveron de abandonar a reunión en reiteradas ocasións, ó comprobar que as súas demandas non estaban a ser escoitadas.

    Falla de diálogo

    A pesar de que tamén asistiron á reunión os representantes do concello boirés, os empresarios non se sentiron defendidos polos mandatarios locais, ós que acusan de falla de diálogo e mesmo de ocultación de información ós principais afectados.

    Ante a negativa de Xestur de revisa-lo prezo, a ABE convocou ós seus socios para o próximo luns co obxectivo de determinar as accións a desenvolver. O seu obxectivo agora é conseguir que se supriman certas clásulas dos contratos negativas para os empresarios, como a que establece o pago adiantado do IVE.

    Comparación de prezos

    A directiva da patronal segue a consideran abusivos os 81 euros que custa o metro cadrado das parcelas da segunda fase de Espiñeira, especialmente tendo en conta que os terreos foron adquiridos por menos de seis euros o metro. González Maceiras compara a situación de Boiro con outros concellos como o de Pontevedra, onde a Deputación provincial vai construír un polígono, en Campolameiro, onde o metro cadrado custará soamente 24 euros.

    O elevado prezo das parcelas de Espiñeira fai sospeitar ó presidente da ABE que os adxudicatarios desta segunda fase están pagando o arranxo das numerosas deficiencias da primeira.

    Durante a súa comparecencia, Luís Ángel González explicou tamén os motivos que lle levaron finalmente a non presentar candidatura á presidencia da FEB. A súa principal razón é non defraudar ós asociados que depositaron nel a súa confianza, polo que seguirá traballando polo empresariado de Boiro.

    Redacción Barbanza