O Vilalonga perde a súa imbatibilidade en San Pedro

futbol250_110208_001.jpgSALNÉS > As boas novas chegaron dende o García Calvo, onde o Arousa venceu a domicilio ó Negreira por 2-4. Non se pode dicir o mesmo de Vilalonga e Céltiga que se alonxan un pouquiño dos seus respectivos obxectivos.

{flowplayer}images/salnes/futbol_110208.flv{/flowplayer} 

Mal pintan as cousas na Illa. O Céltiga agudizou a súa crise cunha nova derrota, desta volta ante un rival directo como o Betanzos. Os coruñeses xogaron con maior orden e empeño, sobre todo nos primeiros corenta e cinco minutos e ó Céltiga faltoulle o de sempre, acerto cara o gol e contundencia defensiva. Ó final, 1-2 e os de Manuel Núñez que continúan coa xeira negativa; so gañaron un partido dos últimos catorce.

Mellor lle van as cousas ó Arousa que venceu en Negreira e sumou tres puntos que lle outorgan moita tranquilidade para os vindeiros encontros. Partidazo de Roberto que reivindicouse firmando un hat-trick. Os de Laxes xa mandaban por 0-3 ós oito minutos da segunda metade. Foron moi superiores pero sufriron cando os locais recortaron diferencias. A dous para o remate, Padín sacouse da chistera un golazo que puxo o 2-4 final.

Unha das novas da xornada é a derrota do Vilalonga, a primeira coma local este ano. O verdugo foi o Lalín, un rival directo por meterse no playoff. Un solitario gol de David no minuto corenta desnivelou a balanza dun partido que estivo sempre moi igualado. Todo o contrario que o que pasou en Rio Seco o sábado.

O Narón pasou por riba do Portonovo ó que derrotou por 4-1. Os locais demostraron por qué son os líderes desta categoría e non tiveron piedade dun Portonovo que pecou de inocente, xa que tódolos goles que encaixou foron de xogada a balón parado.

Así as cousas o Céltiga continúa enmpostos de descenso, con 20 puntos, tres menos que o Portonovo que agora ocupa o primeiro posto da salvación. O Arousa está máis tranquilo en zona media da táboa con 30 puntos e con 37 e a nove do cuarto clasificado sitúase o Vilalonga.

Resaltar tamén o que sucedeu en Preferente Autonómica onde o Ribadumnia reecontrouse co triunfo e doblegou ó Choco (2-0). Peor lle foi ó Unión do Grove que caeu co Barbadás por 3-1.

Redacción Salnés