![]()
A ILLA > O proxecto da estrada de acceso ó porto do Xufre, na Illa, acaba de sufrir un revés. A Xunta recibiu un informe negativo …
… da Dirección Xeral de Costas. Esta é a mala nova. A boa é que o Consello da Xunta aprobou a adscrición dos terreos de Costas desde o Xufre ó Aguiuncho a favor de Portos de Galicia, que permitirá ampliar o porto. O alcalde xa falou hoxe coa delegada de Política Territorial e co director xeral de Obras Públicas a quen lles urxiu unha reunión co director xeral de Costas en Madrid. Ademais puxo o asunto nos servizos técnicos do concello.
Para o rexedor este informe negativo é un handicap para o proxecto de ampliación do porto, do que lembra, depende o 90 por cento dos ingresos dos traballadores da Illa. O Concello tratará de que Costas reconsidere e acepte o trazado escollido.
Redacción Salnés









