As prazas para o Nacional de bateis xóganse en Vilaxoán

 VILAGARCÍA> Hoxe foi presentada a VII Bandeira de Bateis Porto de Vilagarcía, que se disputará esta fin de semana. Ademais da propia bandeira en xogo está o Campionato Galego desta modalidade de remo e as prazas para acudir ó Nacional, que se disputa en Camargo. Participan un total de 19 clubes.

{flowplayer}images/salnes/PtacBateis_170413.flv{/flowplayer} 

O sábado e o domingo daranse cita en Vilaxoán 19 clubes, un total de 56 equipos, dos cales 21 serán arousáns. Entran en competición sete categorías: catro masculinas (infantil, cadete, xuvenil e absoluto) e tres femeninas (promesa, xuvenil e absoluto).

O sábado pola tarde levaranse a cabo as eliminatorias, dúas quendas de catro equipos cada unha, que darán o pase ás finais do domingo pola mañá na que haberá tres prazas en xogo para o Nacional, que se disputa a última fin de semana de abril en Cantabria, na localidade de Camargo.

Dos equipos arousáns, Cabo de Cruz é o que máis representantes leva, cun barco en cada categoría agás en absoluta femenina. Mecos e Rianxo acuden con catro cada un, Puebla con tres, mentres que Amegrove e Vilaxoán faranno con dous.

Redacción Salnés