A Escola de Vela creará un equipo de regatas para empezar a competir

pescamrdeportes copia.jpgPOIO> O centro liderado pola medallista olímpica Sandra Azón conta actualmente con corenta alumnos e está patrocinada pola empresa Conservas Pescamar, ó igual que o Club de Piragüismo do municipio, o Poio Pescamar.

{flowplayer}images/salnes/ESCOLA_VELA_PESCAMAR.flv{/flowplayer}

Naceu hai apenas cinco meses, en maio, e esta semana xa están en conversas para crear un equipo de regatas co que introducirse nas canles de competición. A Escola de Vela de Poio está liderada pola medallista olímpica Sandra Azón. Dela partiu a idea de creala e solicitou o apoio de Conservas Pescamar para facerse coas embarcacións e o equipo necesario para botar a andar. Hoxe ten uns corenta alumnos que van dos catro ós 60 anos de idade.

A escola está concibida como centro de iniciación á vela e pensada para rachar con esa imaxe de elitismo que a miúdo acompaña a este deporte. Máis longo é o vínculo que une a Conservas Pescamar co club de piragüismo. No 2009 convertíase no seu patrocinador, unha colaboraci ón que lles está a permitir ter unha das mellores canteiras a nivel estatal.

O club conta arestora con 65 fichas federativas e padexeiros que van sumando títulos destacados ó seu palmarés. Os ollos están postos nas Olimpiadas de 2016, e contar nelas con algún representante do club poiés.

Redacción Salnés