Louzán responde ás acusacións do PSOE polo cheque dos 30.000 euros

    PONTEVEDRA > A deputación de Pontevedra celebrou esta mañá dúas sesións plenarias aínda que a segunda tiña caracter extraordinario a petición do PSOE

    Nela solicitábase a comparecencia do goberno en relación ó pago da subvención concedida por valor de 30.000 euros que presuntamente realizou o equipo de Alberto Núnez Feijoo na súa última visita ó centro galego de México.

    louzan_200_120208.jpgA deputación alega que o único que se entregou nese encontro foi a copia da resolución que o Presidente do centro galego solicitara con anterioridade. Segundo o partido Socialista as condicións da entrega do cheque por valor de 30.000 euros concedidos pola deputación e segundo o PSOE proporcionado na visita que o presidente do PPdeG realizou ó centro galego de México non están de todo claras.

    Por iso os socialistas insistiron de xeito reiterado que o goberno da deputación especificara cómo se fixo ese pago O documento que segundo o goberno portaba a comitiva de Núñez Feijoo a México era simplemente unha copia da resolución da subvención concedida o centro Galego desa cidade solicitada polo súa directiva

    Os deputados socialistas demandaban no outro punto da orde do día que se prodecedera a votación dun novo regulamento das bases de subvencións onde poida haber un control máis detallado destas concesións Para Rafael Louzán esta é so unha estratexia política propia da oposición de cara as vindeiras seleccións xerais. Ó final a proposta socialista non foi aprobada polo voto maioritario en contra do Partido Popular.

     

     Redacción Salnés