NOIA> Os dous festivais están organizados pola escola de Música Sondela e a a escola de danza Oitos, en colaboración coa concellería de Cultura.
A primeira das citas, a organizada pola escola de música Sondela, terá lugar xa esta fin de semana, no Coliseo Noela, con varios pases previstos para as xornadas do sábado e do domingo.
O outro festival, organizado neste caso pola escola de danza Oitos, terá lugar o domingo 26 ás nove da noite, tamén no coliseo Noela.
Os dous festivais terán un carácter benéfico, xa que todo o que se recade na venda de entrada, a un prezo de tres euros, irá en favor das asociacións ASGPOH e Andreas.