Os veciños de Monteporreiro únense contra o realoxo aquí das familias do Vao

    asamblea_monteporreiro_100.jpgPONTEVEDRA > Os veciños de Monteporreiro reuníronse onte a noite en asemblea para acordar as medidas que van a adoptar ante o realoxo

    … nesta localidade de tres familias de etnia xitanas procedentes do Vao. Ata esta casa da cultura acudiron preto de dúas mil persoas que ateigaron non só as instalacións, senón tamén as súas inmediacións; portando carteis de rexeitamento destes novos veciños.

    No transcurso da xuntanza e no medio dun ambiente exaltado e crispado, os veciños acordaron emprender varias medidas legais para impedir de xeito definitivo esta reubicación.Entre outras accións, van a solicitar ó concello de Poio información sobre a composición familiar destes novos residentes; e logo supervisarán cun equipo de avogados se o procedemento de erradicación do chabolismo se fixo conforme a lei ou se o Alcalde de Poio incorreu en invasión de competencias ó realizar os realoxos fóra do seu concello. T

    amén van a solicitar cadansúa entrevistas co subdelegado do goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, e ca Conselleira de Vivenda, Teresa Táboas; ó tempo que van a pedir o apoio dos consellos escolares dos distintos centros educativos da localidade, nunha vindeira concentración que terá lugar diante do instituto Luís Seoane, e que antecederá a outra que se producirá máis tarde diante do Concello de Poio.

    De non obter unha resposta satisfactoria por parte das administracións, desde a asociación veciñal non descartan emprender unha nova manifestación para a semana que rematará diante do edificio da Xunta.

    Redacción Salnés