Controlado o incendio forestal que arrasou 15 hectáreas e calcinou tres coches en Caamaño

PORTO DO SON> Controlado o incendio na parroquia sonense de Caamaño que a pasada madrugada arrasou 15 hectáreas de monte. O lume calcinou varios vehículos estacionados nas proximidades taller e achegouse moi preto das vivendas aínda que finalmente non foi preciso desaloxar ós veciños.

Os veciños de Caamaño, en Porto do Son, pasaron a madrugada en vilo ante o avance do incendio forestal que se orixinaba a primeira hora da noite na zona. O forte vento contribuíu a apagar as lapas que se achegaron ata o núcleo de vivendas polo que os efectivos que participaron no operativo de extinción deron aviso ós veciños da posibilidade de ter que desaloxar as casas. Finalmente non foi necesario dado que a rápida actuación dos medios, entre eles seis brigadas, tres motobombas, tres axentes e unha pá, evitou que as lapas afectasen ás vivendas.

Si alcanzaron, pola contra, a tres vehículos que se atopaban en estado de abandono, estacionados nas inmediacións dun taller para o seu despezamento. Aínda que a Consellería de Medio Rural daba por controlado o incendio a primeira hora da mañá, durante toda a xornada permanecer na zona varios axentes forestais arrefriando o terreo para evitar que o lume se avivase de novo. No operativo de extinción participaron tamén bombeiros de Ribeira e Boiro, Garda Civil e voluntarios de Protección Civil.