O BNG esíxelle a Xosé Lois Piñeiro que entrega a súa acta de edil

POBRA> Dende a formación frentista consideran que a acta perténcenlle ó partido, xa que a conseguiu figurando nas súas listas. O abandono de Xosé Lois Piñeiro do BNG e o seu paso a Compromiso por Galicia no caeu ben no seo da formación frentista. A pesar de respectar a súa marcha, dende o BNG pídenlle a Piñeiro a entrega da súa acta de edil, xa que segundo eles, lle pertence lexitimamente ó partido, xa que foi baixo estas siglas coas que concorreu ás pasadas eleccións municipais. O responsable local do BNG considera que este non é o mellor momento para anunciar a súa marcha, en pleno proceso dunhas eleccións europeas. Ademais, segundo el o paso de Xosé Lois Piñeiro a Compromiso Por Galicia, produce tamén un feito anómalo no seo da corporación municipal, xa que aparece un novo partido que non existía hai tres anos no momentos dos comicios municipais.