Os propietarios dunha vivenda en Pasarón néganse á expropiación

    vivenda_pasaron_100.jpgPONTEVEDRA > A comisión de seguimento das obras do estadio de fútbol de Pasarón asegura que as obras das bancadas van a seguir adiante…

    … e que estarán rematadas de cara á fase de ascenso. Para iso, van a derrubar un muro e un cuberto dunha casa que aínda está ocupado. Esta actuación encontrouse de cheo, como era de esperar, ca oposición dos propietarios desta vivenda e finca, situada no número 64 da Avenida da Coruña.

    Esta mañá ámbalas dúas partes reuníronse nesta vivenda sen chegar a un acordo definitivo; posto que a familia négase a ser desaloxada por só unha indemnización de pouco máis de 43.000 euros, unha cantidade que cualifican de tercermundista e vergoñenta; e que aseguran que está moi lonxe do prezo de mercado da súa vivenda.

    Os propietarios aseguran que esta situación, ca que levan a voltas case tres anos, é inxusta para eles posto que a única solución alternativa que lle propoñen é unha vivenda de realoxo, que non sería da súa propiedade; algo que lle desaconsella ó valedor do Pobo.

    Ó parecer ó resto dos propietarios do inmoble xa cederon a venda, pero esta familia non ten outro lugar onde residir. Agora, a súa intención é negociar sempre que se faga dentro da realidade. En caso contrario, continuarán loitando por ter un lugar digno onde residir.

    Mentres sigue esta situación, os cinco compoñentes desta familia aseguran estar moi afectados polas obras, non só polo ruído e as molestias constantes que lle supón senón pola incertidume que supón para eles.

    Redacción Salnés