Os técnicos municipais revelan que o proxecto da PO-531 é deficiente

    mosquera100_130208.jpgPONTEVEDRA > Segundo o goberno o proxecto da PO-531 reflicte deficiencias que van en contra da seguridade viaria e anunciou a redacción doutro informe …

    …reformado que lle remitirá a ACOTOP.

    O concello de Pontevedra acolleu esta mañá unha comisión informativa onde se puxeron en valor as conclusións que se desprenden do informe presentado polos técnicos municipais en relación ó proxecto da PO-531 Un informe que segundo os técnicos municipais está cheo de imperfeccións que actúan en contra da seguridade viaria.

    Segundo os funcionarios do concello o problema reside na definición do proxecto que en liñas xerais só contempla unha ampliación de capacidade dunha estrada sen ter en consideración o entorno socioeconómico no que vai desenvolver.

    O concello comprometeuse a elaborar un informe cuxas accións non afecten á seguridade viaria das zonas ás que afectará a po- 531 Para Mosquera a xuntanza informativa de hoxe non foi de todo fructífera xa que non se puido chegar a ningún acordo co PP  debido segundo o executivo  a que o partido popular se amosou nunha postura electoralista. 

    Finalmente o edil de urbanismo informou sobre as conclusións acadas entorno á redacción do plan xeral do seguinte exercicio onde se acordou amplía-lo hospital de Montecelo ou facer unha nova cidade deportiva na zona de Ramallás en Lérez entre outras iniciativas.

     

    Redacción Salnés