![]()
SANTIAGO > ‘Creo que é unha barbaridade’ , así cualificaba o conselleiro de Presidencia as críticas vertidas desde o PP polo abandono ó que a Xunta ten sometida á comarca do Salnés.
{flowplayer}images/salnes/romeu.flv{/flowplayer}
SANTIAGO > ‘Creo que é unha barbaridade’ , así cualificaba o conselleiro de Presidencia as críticas vertidas desde o PP polo abandono ó que a Xunta ten sometida á comarca do Salnés. José Luís Méndez Romeu indicou a TVSB que os investimentos realizados polo bipartito superan o de calquera goberno anterior. Ademais, indicou que actualmente, a Xunta ten comprometido reformas moi ambiciosas en infraestructuras e políticas sociais no Salnés.
Méndez Romeu tamén defendeu a labor realizada polo goberno de José Luís Rodríguez Zapatero nos últimos catro anos, definíndoo como un goberno atento. De cara os comicios do 9 de marzo, a quiniela do conselleiro de Presidencia está moi clara: ‘creo que gañará o PSOE e en Galicia superará ó PP en votos e en número de escanos’. Méndez Romeu fixo estas declaracións nunha entrevista concedida a TVSB. Deste xeito, iniciamos unha serie de espazos especiais con motivo das eleccións xerais.
Redacción Salnés





