Retiran un guindastre que xa formaba parte da paisaxe do Corviño

    retiradaguindastre.jpgBOIRO> Ó longo destes anos, os residentes sempre alertaron dos perigos que supoñía a presenza da máquina enriba das súas vivendas.

    {flowplayer}barbanza/retiradaguindastre.flv{/flowplayer}

    Finalmente non foi preciso que acontecera unha desgraza para que se fixese efectiva a retirada da grúa. Era o que temían moitos veciños que ó longo destes anos viviron con medo ante o risco de derrube da máquina. O guindastre atopábase moi deteriorado posto que dende a súa instalación non volveu utilizarse nin contou con ningún tipo de mantemento. Tal era a situación que nos días de forte vento chegaron a desprenderse pezas ameazando a seguridade dos veciños e das súas vivendas.

    Hoxe, tras anos de xestións para obrigar á promotora a cumprir con esta obriga, por fin se iniciou a retirada do guindastre.

    Gran expectación

    Os traballos espertaron grande expectación entre os veciños que non podían ocultar a súa satisfacción ó ver desaparecer esta ameaza coa que tiveron que convivir durante anos.

    Acondicionamento espazo

    Agora agardan tamén que se acondicione a parcela onde se emprazaba o guindastre, onde estaba proxectado un edificio que non se chegou a construír. Os terreos atópanse totalmente abandonados mentres prolifera a maleza e se amorean todo tipo de residuos.

    Redacción Barbanza