Rianxo contará dende esta semana con servizo de hospitalización a domicilio

RIANXO> Rianxo contará con servizo de Hospitalización a Domicilio a partir desta semana. As demandas do colectivo de afectados tiveron finalmente éxito e o Sergas cumpriu co compromiso de implantar este servizo ó longo do primeiro trimestre do ano.

Satisfacción en Rianxo ante o anuncio da Consellería de Sanidade do inminente inicio do servizo de Hospitalización a domicilio no municipio. Dá así resposta ás demandas dun grupo de veciños que iniciaron unha campaña para reclamar a inclusión do municipio no programa HADO.

A xerencia da área sanitaria de Santiago Barbanza confirmaba ó alcalde que comezaría a prestarse a principios de Marzo.

Sanidade cumpre así co compromiso adquirido de xeito unánime polo pleno do Parlamento para implantar o HADO en Rianxo ó longo do primeiro trimestre do ano.