Pontevedra aproba obras por 3.6 millóns de euros

     PONTEVEDRA> No pleno celebrado en Pontevedra este luns aprobouse a execución de obras como o saneamento no rural,…

    {flowplayer}images/salnes/pleno_pontevedra_180313.flv{/flowplayer}

    … a ronda urbana, a restauración da fachada do Concello ou o campo de rugby de Monteporreiro á cargo da modificación de crédito proposta para este ano, cifrada en 3.6 millóns de euros, a partires de remanente líquido de tesourería. Finalmente a proposta saíu adiante cos votos favorables do BNG e do PSOE, salvando así a abstención do PP que reclamaba deste xeito a elaboración dun orzamento municipal que dea máis transparencia ás contas do Concello. Neste punto xurdiu un desencontro sobre a tardanza na execución da obras do campo de fútbol de Monteporreiro, a edil do PP e Deputada Provincial Ana Isabel Vázquez, aseguraba que a demora se debía á falla de orzamento municipal; un punto que rectificou o propio Alcalde.

    Nacionalistas e socialistas aprobaron tamén a suba de taxas do prezo do guindastre para os vehículos infractores ante a negativa do PP que se opuña a un novo incremento de custes para os pontevedreses.

    Propuña en troques que o gravame dependese da infracción. Nesta sesión o bipartito de esquerdas xustificou os recortes do goberno municipal por culpa dos recortes ós que ós somete, á súa vez, os gobernos central e autonómico. As tres forzas deron tamén o visto bo á revisión do PXOM do Concello limítrofe de Vilaboa, así como dun recurso contencioso administrativo interposto pola constructora de Nino Mirón.

    Redacción Salnés