![]()
RIBADUMIA > O presidente da Deputación de Pontevedra e maila alcaldesa inauguraron onte á noite o campo da festa da Picoña, …
… en Lois. O organismo provincial investiu no acondicionamento desta superficie 75 mil euros, que permitiron asfaltar o campo e os accesos e dotalo de iluminación, ademais de arranxar o palco permanente.
A parroquia ribadumiense de San Fins de Lois celebra desde hoxe as súas festas e ademais cun campo da festa totalmente renovado. As obras foron executadas pola Deputación de Pontevedra, que destinou un orzamento de máis de 75 mil euros. O propio presidente do organismo provincial, Rafael Louzán, e maila alcaldesa de Ribadumia, foron os encargados de inaugurar este espazo, situado no lugar da Picoña.
As actuacións consistiron na renovación do pavimento nunha extensión de 2.500 metros, e na dotación dun novo asfaltado á vía de acceso nunha lonxitude de quilómetro e medio. Tamén se colocou un banco e novos puntos de luz, ademais de arranxar o palco da festa permanente que foi retocado e pintado.
Con esta actuación, tanto a Deputación, coma o Concello de Ribadumia, pretenden que os veciños gocen das festas e actividades culturais que se desenvolvan neste entorno nunhas óptimas condicións.
Redacción Salnés








