Os mariscadores de O Freixo xa dispoñen dunha nova lonxa

inauguracionlonxafreixo_100_14022008.jpgOUTES > A conselleira de Pesca, Carmen Gallego inaugurou a nova lonxa de O Freixo, situada no concello de Outes cun investimento de máis de 843.000 euros.

Trátase dunha infraestrutura longamente esperada polos colectivos vinculados ao sector do mar de Noia e Outes. As obras de ampliación da lonxa de O Freixo iniciabanse no mes de marzo do pasado ano cun orzamento previsto de 843.211 euros.  

O novo edificio, integrado do contorno para evitar o impacto visual, mellora considerablemente as condicións de traballo dos usuarios da rula, que dende hai anos presentaba unha forte carencia de espazo e servizos. O edificio dará servizos aos socios da confraría de Noia, a asociación de mexilloeiros da localidade e ao colectivo veciñal “O Peirao”.

Maior espazo e funcionalidade 

A nova lonxa de O Freixo dispón dunha superficie de 785 metros cadrados e dous andares. No primeiro instalaranse as máquinas clasificadoras, unha rampla de pesaxe e a sala de puxas e o superior albergará as oficinas e o salón multiusos.

{flowplayer}barbanza/inauguracionlonxafreixo.flv{/flowplayer}

 Este espazo permitirá a realización de cursos e xuntanzas dos socios da confrarías da comarca. Asemade poderá ser usado por outros colectivos e asociacións da veciñanza.

Apoio das administracións

A titular de Pesca estivo acompañada neste acto de inauguración do director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, José Manuel López, así coma de representantes da administración autonómica, provincial e local e do cabildo noiés e muradán.

A lonxa de O Freixo é a segunda en facturación de Galicia no tocante a moluscos bivalvos, tras a rula do Testal, emprazada no municipio noiés. A ría de Muros-Noia ostenta o primeiro posto en actividade marisqueira de toda a comunidade galega.

Redacción Barbanza