A urbanización do polígono de Té dará comezo despois do verán

    parqueempresarialte_100_150208.jpgRIANXO > A nova foille comunicada por representantes da empresa pública  Solo Empresarial do Atlántico que se encargará de levar a cabo as obras.

    {flowplayer}barbanza/parqueempresarialte.flv{/flowplayer}

    Estas imaxes foron gravadas en xaneiro de 2006. Corresponde cunha das últimas visitas dos responsables da empresa pública Solo Empresarial do Atlántico a Rianxo para explica-las características do proxecto de urbanización do polígono industrial de Té. Van alá máis de dous anos, pero despois de numerosos atrancos e inconvintes, parace que a actuación vai poder iniciarse. Representantes de SEA confirmáronlle ó alcalde, Pedro Piñeiro, e ó presidente dos empresarios, Felipe Ordoñez, que as obras darán comezo no último cuatrimestre do ano, probablemente a finais do mes de agosto.

    Satisfacción pola nova

    O alcalde amosou a súa satisfacción pola nova, xa que se trataba dunha actuación pola que vén loitando dende hai moito tempo e que lle trouxo moitos quebradeiros de cabeza.

    O polígono industrial de Té contará cunha superficie de 335 mil metros cadrados, que virían a satisface-las vellas demandas do empresariado rianxeiro que leva anos denunciando a escaseza de chan industrial no municipio. Contará cos accesos necesarios, entre eles unha conexión directa coa autovía. No proxecto incluiranse ademais zonas verdes, que se ubicarán nas proximidades dos núcleos de poboación e no río Te, e contempla a protección de posibles impactos ós elementos naturais e etnográficos alí existentes. Outras das prestacións das que disporá o polígono serán tódolos servizos básicos, como a rede de augas residuais, pluviais, enerxía eléctrica, alumeado público e mesmo se aplicará un plan de vixilancia e seguimento ambiental durante a construcción e explotación das empresas que se asenten nel.

    Delegación Barbanza