O BNG convoca un proceso de xuntazas abertas

    RIBEIRA> O bng do barbanza convoca unhas xuntazas nos concellos da comarca con todas as persoas e colectivos sociais para poñer en común unhas políticas que fagan xerar máis benestar e economía ó páis. O fin de estas asambleas, que se levarán a cabo proximamente nos distintos concellos da localidade, é construír paso a paso o futuro.

    O bng do Barbanza vai levar a cabo un proceso de xuntazas abertas que terá lugar en cada un dos concellos da comarca. Pretenden mellorar o réxime actual poñendo en común unhas políticas que fagan xerar máis benestar e puxanza económica ó país. Os nacionalistas pretenden nestas asambleas, marcar uns obxectivos que sexan a base do traballo do bng no futuro. Afirman que actualmente viven nun réxime esgotado política, social e institucionalmente. Queren formalizar estas xuntazas, que xa eran habituais no bng, convidando a todas as persoas que queiran participar activamente na política. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/18/bngbarbanza1809141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/18/bngbarbanza180914.mp4{/flowplayer}