Boiro abre o programa da Semana das Letras cunha homenaxe ás cantareiras

BOIRO> O Pazo de Goiáns acollía esta mañá un encontro tecido asociativo do Barbanza en homenaxe ás cantareiras. Trátase dun acto promovido pola Asemblea da Cruz Vermella de Boiro en colaboración co concello no marco das actividades do Día das Letras Galegas.

O concello de Boiro iniciou o programa da Semana das Letras Galegas cun encontro de entidades sociais en homenaxe ás cantareiras. A iniciativa estaba promovida pola Cruz Vermella.

Dende o concello destacaron a implicación do tecido asociativo na celebración de actividades como esta que contribúen a poñer en valor a cultura e tradición oral, co Pazo de Goiáns como marco.

A xornada comezou coa actuación do grupo de cantareiras Mar de Cabo e a clausura correu a cargo das agrupacións das entidades sociais participantes.