![]()
RIBADUMIA > Veciños de distintos concellos do Salnés, e mesmo da comarca do Ulla-Umia, reuníronse onte á noite en Barrantes para coñecer os pormenores
… da supresión do que hoxe coñecemos coma a tarifa nocturna. Ademais, e a iniciativa de dúas veciñas de Ribadumia e Cambados, crearon un grupo de traballo no que pretender defender os intereses dos afectados pola medida do Ministerio de Industria.
O que coñecemos coma tarifa nocturna, vai deixar de aplicarse no Estado a partires do un de xullo, en troques da nova tarifa de discriminación horaria. Isto suporalle a unhas 164.000 familias galegas un recargo no consumo de enerxía en horas punta do 35%. Ademais, a compañía subministradora cobrará unha cantidade económica polo acceso ós usuarios que teñan contratos previos polos xa pagaran o servizo.
Belén Rodríguez e Anabel Serantes levan agora mesmo a iniciativa do colectivo de afectados formado onte pola noite en Barrantes. A xuntanza convocada para informar ás persoas que teñen contratada a xa destinada a desaparecer tarifa nocturna, congregou a decenas de veciños do Salnés, e mesmo dos concellos de Caldas e Moraña.
A presidenta da asociación de consumidores do Salnés, Olga Pereira, tamén estivo onte na xuntanza, que tamén está a traballar na recollida de reclamacións ó Ministerio de Fomento.
Constituídos xa en Grupo de Traballo, veciños de Cambados, Vilagarcía, Meaño, O Grove, A Illa, Ribadumia ou Sanxenxo teñen previsto solicitar unha entrevista co técnico de industria da Xunta para que lles informe das posibilidades de minimizar os efectos do cambio a nova tarifa de discriminación horaria, que deixará unha especial marca en Galicia, onde conta cun 16 por cento dos seus abonado en toda España. Ademais, tampouco descartan solicitar outra xuntanza co Valedor do Pobo, ou co Subdelegado do Goberno en Pontevedra.
Redacción Salnés







