PSOE e PP celebran un acordo que EU, BNG e Somos ven como unha concesión á dereita

    VILAGARCÍA> Onte Partido Socialista e Partido Popular anunciaban un acordo que permitía desbloquear a organización de Ravella. Ambas formacións chegaban hoxe ao pleno cun pacto que cualificaron como puntual. Ademais, Alberto Varela seguía coa man tendida ás outras formacións.

     

    Cen días despois de tomar posesión, e despois de facer varias chamadas infrutuosas á esquerda, Alberto Varela tivo que aceptar a man tendida do PP.  Esta tarde, Fole felicitábase pola actitude responsable e coherente da súa formación.

    Antes de entrar ao pleno, as tres forzas de esquerdas da oposición lamentaban esta decisión dos socialistas. Para Esquerda Unida, BNG e Somos Maioría, esta pode ser a primeira concesión do goberno ao Partido Popular. Tamén acusan ao executivo de falta de vontade negociadora.

    O pleno arrancou cun tema recorrente en Vilagarcía: a demanda dun novo ximnasio para o colexio de Rubiáns. Unha representante da ANPA pediu solucións urxentes, plantexándose incluso precintar as actuais instalacións. Precisamente, a construción deste pavillón é unha das condicións recollidas no pacto entre PP e PSOE algo que, segundo explicou Tomás Fole, reflicte o compromiso da súa formación con este ximnasio, tal e como prometera ao final do seu mandato.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/24/pleno_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/24/pleno_vilagarcia.mp4{/flowplayer}