A Liga Europea de Fútbol Plaia desembarca esta fin de semana en Sanxenxo

    SANXENXO> Entre o 8 e o 10 de xullo, a Liga Europea de Fútbol Plaia aterrizará en Sanxenxo. Os mellores conxuntos do panorama continental estarán na area de Silgar, para ofrecer aos presentes un auténtico espectáculo deportivo que convina o fútbol e a plaia. 

     

    A plaia de Silgar acollerá o vindeira fin de semana do 8 de xullo a segunda proba da Liga Europea de fútbol plaia. Un grande evento no que competirán unhas 14 seleccións deste deporte, entre as que tamén se encontra a española. 

    A proba que terá lugar en Sanxenxo estruturarase en dous grupos, tal e como explicaba este xoves o representante de Beach Soccer, Gabino Renales. 

    Esta cita en Galicia supón a segunda etapa da competición, despois de que o campionato arrincase en Moscú. Segundo Rafael Louzán, presidente da Federación Galega de Fútbol, esta proba supón para unha vila como Sanxenxo, unha boa promoción, xa que os partidos serán emitidos en diferentes países. 

    Trala proba disputada no Salnés, chegarán as de Hungría e Catania, respectivamente. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/07/euro_soccer_league_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/07/euro_soccer_league.mp4{/flowplayer}