![]()
VILAGARCÍA> Esta é a meta da nova edil de Xestión do Territorio, Tania García, nos cinco meses que restan de lexislatura.
{flowplayer}images/salnes/ENTREVISTA_TANIA_GARCIA.flv{/flowplayer}
O pasado venres procedíase á reordenación das áreas do grupo municipal socialista de Vilagarcía. Unha xuntanza que tiña lugar despois doutras reunións nas que non se chegara a un consenso no reparto de competencias. Segundo explicou a actual edil e Urbanismo, Tania Garcia, o principal criterio que se tivo en conta foi a dispoñibilidade de cada concelleiro. Por iso, non recaeu, di, sobre a alcaldesa, Dolores García, a área de Xestión do Territorio.
Ademais, explicou que este reparto responde ó interese de tódolos concelleiros de traballar ó cen por cen nos cinco meses que restan de lexislatura. No seu caso, confesou que o seu obxectivo é evitar a devolución dos fondos de Luz Salgada. E engade que eses dous millóns e medio de euros irían destinados a outras actuacións necesarios no concello de Vilagarcía. Por iso, afronta esta nova etapa con gañas e ilusión.
Desde onte, tódolos concelleiros están a traballar de cheo nas súas novas competencias salvo o novo edil Álvarou Carou que terá que agardar ó pleno de investidura.
Redacción Salnés









