Aprétase a Terceira pola zona baixa da clasificación

futbol250_180208_001.jpgSALNÉS > Excelentes resultados acadados este semana polos equipos do Salnés. Céltiga, Portonovo e Arousa gañaron mentres que o Vilalonga sumou un punto na súa visita ó campo do Betanzos.

Moi boa xornada para os equipos do Salnés en Terceira División. Con todo, as importantes victorias de Céltiga e Portonovo non se reflicten directamente na clasificación xa que non avanzan posicións. O positivo, que ata seis equipos están agora metidos na loita por evitar ó descenso.

Un descenso que aínda ocupa o Céltiga pese á victoria de onte en Santa Comba. Os de Núñez demostraron que lle teñen comida a moral a este equipo. Na ida lle caeron seis, agora 0-3. Manuel e Fran, antes do descanso, e Sanroman mediada a segunda metade fixeron os tantos que lle outorgaron o triunfo. Están agora a dous puntos da salvación.

Unha salvación que representa o Betanzos que empatou co Vilalonga. Os celestes adiantáronse cun gol de John no 25, pero na xogada seguinte empataron os locais. Son xa nove puntos os que os separan do cuarto posto de playoff, que ocupa o Lalín.

Métese o Lalín e sae o Crouxo tras perder na Lomba co Arousa (2-1). Os de Laxes acadaron por fin un triunfo ante un dos equipos fortes da categoría desta volta grazas ó bo traballo colectivo e á gran actuación de Roberto Pazos entre madeiras. Gabi e Fernando adiantaron ós locais antes do descanso e Antúnez de chilena reduxo diferencias a tres para o final.

Por último, gran ivictoria do Portonovo ante o Negreira por 2-1. Moi boa primeira metade na que o equipo amosou un xogo de ataque combinativo pouco visto ata o de agora, da man de Alex Rodriguez e Nacho no mediocampo. Baptiste e Curiel foron os autores dos tantos portonoveses; os visitantes maquillaron o marcador na derradeira xogada do encontro.

Destacar por último os resultados en Preferente Autonómica na que o Ribadumia caeu co Cruceiro Hío, por 3-1 e continúa a amosar seus problemas para gañar fora da casa, mentres que o Unión do Grove impúxose en Monte da Vila ó Rápido de Bouzas B por 2-1.

Redacción Salnés