Moita centola boa pero a baixo prezo

    foto_centola_100.jpgO GROVE > Hoxe reabriuse a campaña extractiva da centola; cunha primeira xornada na que houbo bastante producto de boa calidade.

    {flowplayer}images/salnes/centola.flv{/flowplayer}

    O GROVE > Hoxe reabriuse a campaña extractiva da centola; cunha primeira xornada na que houbo bastante producto de boa calidade. Na confraría do Grove saíron a traballar nesta primeira xornada preto de 60 embarcacións que traballaron con miños e trasmallos polas zonas habituais: dentro da ría e no entorno das illas de Ons e Sálvora.

    En xeral, os traballadores da centola, tanto vendedores como compradores, cualificaron esta primeira xornada de regular ou boa por haber bastante cantidade á venda e encontraren pouco farol, como chaman eles ós animais que case non teñen carne. A nota negativa púxoa o prezo; nesta lonxa grovense a primeira parada foi a 14.50 euros, moi por debaixo do prezo do ano pasado.

    As expectativas para o Nadal non son de todo boas: malia o temporal que xa se está adentrando na nosa comunidade e que se espera que remova as augas; os traballadores da centola pensan que os prezos non van a ser tan altos coma noutras ocasións por mor da crise económica. Xa hai voces que indican a necesidade de establecer medidas que axuden a regulamentar os prezos como pode ser a instalación de topes.

    En troques, en Cambados neste primeiro día saíron a traballar preto de 20 embarcacións que foron quen de traer algo máis de 3.000 kilos de centola. Así pois, a cantidade e a calidade das capturas foi boa, non así o prezo: a primeira parada de femia foi a 13 euros e a de macho a 9 euros.

    Redacción Salnés