![]()
VILAGARCÍA > Os mozos son, segundo o PP, os máis agraviados polas políticas do goberno socialista. E para darlle solución, …
{flowplayer}images/salnes/pp.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA > A mocidade é, segundo o PP, o sector da poboación máis agraviado polas políticas do goberno socialista. E para darlle solución, os populares apostan por un gran acordo nacional sobre educación e vivenda. Así o indicaron en Vilagarcía, onde se presentou a campaña ‘ZP estanos a tomar o pelo’.
Os populares de Vilagarcía presentaron esta fin de semana a campaña de Novas Xeracións ‘ZP estanos a tomar o pelo’. Un acto no que aproveitaron para reclamar o seu dereito a proclamar a súa militancia sen temor a ser insultados. O PP bota man da mocidade tamén para criticar a xestión do goberno central en materia de vivenda, traballo ou educación. O candidato ó Congreso polo PP Jesús Pérez Arca considera que os mozos son os que se deben sentir especialmente agraviados polas políticas do goberno socialista. Para acabar con isto, o PP aposta por promover un gran acordo nacional sobre educación e vivenda.
Redacción Salnés






