Nin as restricións nin a climatoloxía frean a ingauración da Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova

VILANOVA> A festa do Mexillón e o berberecho regresou este ano a Vilanova marcada polas restricións sanitarias. A carpa lucía máis baleira que noutras edicións pero iso non impediu que moitos visitantes gozaran da gastronomía vilanovesa. O mexillón volveu ser o produto estrela.

Nin a pandemia nin a climatoloxía impediron que este ano Vilanova celebrase a súa festa do Mexillón e o Berberecho. A carpa regresou esta edición adaptada á normativa sanitaria. Nas primeiras horas de apertura o ambiente era inferior ao doutros anos, pero iso non impediu que numerosos visitantes se achegaran a probar a gastronomía vilanovesa.

A oferta gastronómica da carpa é moi variada, aínda que os produtos estrela son o mexillón e o berberecho.

Nunha edición normal da festa poden chegar a servirse máis de dúas mil racións por día. Este ano, na cociña xa se prepararon con menos quilos de produto pola incerteza da demanda, pero o calidade do marisco segue sendo alta.

Pero non hai ninguén mellor para valorar a calidade do produto, que os propios clientes.

Os visitantes aseguran estar encantados coa festa, máis aínda cando o resto de eventos gastronómico non puideron celebrarse. Todos aseguraron que recomendarán a festa e volverán a Vilanova.

O alcalde matizou, que ademais de cumprir con todas as normas sanitarias, a situación en Vilanova está mellorando. Durán explica que ao estar caendo a onda e dado a baixa presión hospitalaria non viron motivos para suspender a festa.

A carpa gastronómica estará acompañada de música coas actuacións de Habana Café club, as orquestras Marbella e Miradoiro e o grupo Broken Peach. Ambos concertos con entradas gratuítas pero con limitación de ocupación. Ademais tamén se celebrará estas datas a Feira de Oportunidades. Vilanova combinará así a súa gastronomía e comercio acompañados de música para potenciar ambos sectores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí