Medio Rural investirá neste ano 11 millóns de euros no Salnés e Caldas

    constenla_190208.jpgO SALNÉS > O delegado de Medio Rural en Pontevedra, Gonzalo Conslenla presentou esta mañá en Cambados o balance de investimentos do 2007 …

    e 2008 e os obxectivos que a consellaría do medio Rural se marca para este ano nas comarcas do Salnés e Caldas de Reis. 21 millóns de euros que foron destinados principalmente á agricultura, ó impulso do sector forestal e vitivinícola.

    Para Gonzalo Constenla, dende que o novo goberno chegou á Xunta de Galicia, na Consellaría de Medio Rural leváronse a cabo investimentos que serviron para modificar normativas do antigo executivo que ralentizaban o fomento de novos proxectos . Nas comarcas do Salnés e de Caldas, unhas das zonas máis productivas de Galicia investíronse preto de 21 millón de euros

    En canto as explotación agrarias, as liñas de actuación durante o 2007 centráronse na inversión en proxectos agroalimentarios, na mellórea das actividades dos profesionais e non profesionais e sobre todo no impulso forestal coas axudas os montes veciñais en mancomún

    Neste senso Constenla fixo principal fincapé nos últimos proxectos presentados por medio rural como as unidades de xestión forestal que permiten reorganizar a propiedade cando o terreo supere as 15 hectáreas .e o Banco de terras a través do Bantegal que permite ceder e arrendar terreos a través deste banco público xestionado pola consellería.

    Os obxectivos que Medio Rural se plantexan para o 2008 pasan pola concesión de subvencións, a sanidade vexetal e os plan de formación De tódolos investimentos das comarcas do Salnés e Caldas, Constenla doulle principal importancia ó control da calidade agroalimentaria e sobre todo as Industrias, onde a xunta investiu preto de 4 millóns de euros en ámbalas bisbarras.

     Redacción Salnés