Delfín Álvarez comprométese a que se faga xustiza no caso de Mari Luz Pose

    delfnfernndez_100.jpgPONTEVEDRA > O Subdelegado do Goberno, Delfín Fernández Álvarez, reuniuse esta tarde con familiares de Mari Luz Pose, a muller asasinada o pasado

    …mes de decembro a mans da súa ex parella sentimental en Cambados. Unha xuntanza na que os tres irmáns e unha cuñada de Mari Luz Pose lle trasladaron ó Subdelegado do Goberno en Pontevedra, a súa preocupación porque se dea a máxima transparencia e colaboración por parte da administración cando se desenvolva o xuízo contra o garda civil Jaime Maiz Sanmartín, presunto autor do asasinato.

    Tamén lle consultaron ó Subdelegado pontevedrés os programas de axuda social da administración autonómica e central que se lle poderán prestar ós tres fillos de Mari Luz Pose, de 24, 18 e 13 anos. Pola súa banda, Fernández Álvarez deulle o seu apoio á familia e comprometeuse a prestar toda a súa colaboración para que se estableza e que queden esclarecidos tódolos extremos do feito,  se depuren responsabilidades e se faga xustiza.

    Lembremos que Mari Luz Pose foi asasinada no pasado mes de decembro dun disparo na cabeza pola súa exparella sentimental, Jaime Maiz Sanmartín. Foi dentro do cuartel de Cambados no que o acusado exercía a súa labor coma Garda Civil, e cando a vítima se dirixía a interpoñer unha denuncia contra o mesmo.

    Redacción Salnés