Semana Santa Virtual de Paradela de Meis

MEIS> Os concellos víronse obrigados a anular tódalas actividades multitudinarias previstas a curto prazo, por culpa do coronavirus.

É o caso do concello de Meis, que xa decidira cancelar a Semana Santa de Paradela e suspender a Romaría das Cabezas da Armenteira e a Romaría de San Gregorio de Paradela.

Pero os membros da Confraría de Semana Santa de Paradela, dirixidos agora pola directora de teatro Fátima Rey, traballaron arreo para continuar coa tradición e poder ofrecernos as súas representacións a través das redes sociais.

Meis queda sen a Semana Santa de Paradela e suspende as romarías polo coronavirus