Vilanova Centro sorteará 25 viaxes á Garda

    campana_vilanova100.jpgVILANOVA> A Asociación de Comerciantes Vilanova Centro sorteará mediante rifas, 25 viaxes para dúas persoas a A Garda.

    {flowplayer}images/salnes/campana_vilanova_.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> A nova campaña de Vilanova Centro para captar clientes trátase dun intercambio ca asociación de comerciantes do concello de A Guarda.

    Repartirán rifas entre os clientes dos establecementos asociados e logo dun sorteo, regalarán 25 viaxes, os de A Garda á Vilanova e os de Vilanova á Garda. As viaxes consisten nunha xornada organizada con visitas, guías turísticos, comida e todo pagado. En ambos casos, o sorteo levarase a cabo en setembro e xa están repartindo rifas.

    Dende a Deputación provincial vese moi ben a idea, e inclúese na liña de axudas establecidas polo plan director de comercio 2010 – 2014. Nestes tempos de crise é moi importante, segundo o alcalde de Vilanova, ter boas ideas e traballar con ilusión.

    O vindeiro día 31 de agosto darase por finalizado para entregar as rifas cubertas cos datos dos participantes.

    Redacción Salnés