A Romaría Vikinga de Catoira retoma o pregón con Isabel Risco

CATOIRA> A quincuaxésima novena edición da Romaría Vikinga de Catoira retomará o pregón. Isabel Risco será a pregoeira dunhas festas que, segundo o alcalde, teñen como obxectivo enxalzar o papel da muller. Os festexos que comezarán o día 29 de xullo e rematarán o 4 de agosto inclúen a tradicional dramatización do desembarco viquingo.

O concello de Catoira deu a coñecer o programa de actividades que se levarán a cabo durante a quincuaxésima edición da Romaría Vikinga. Uns festexos que comezarán o día 29 de xullo e estenderanse ata o día 4 de agosto. A gran novidade desta edición é que se retoma o pregón.

Durante este 7 días son moitas as actividades que o concello levará a cabo pero as principais teñen lugar entre a noite do sábado 3 e mañá do domingo 4 que son a cea viquinga e a dramatización do desembarco viquingo. As 500 entradas para a cea xa están vendidas e o concello porá a venta outras 100.

No caso do desembarco, a dramatización adiántase este ano as 12:30 horas.

Ademais de ter unha pregoeira o cartel das festas tamén mostra a unha viquinga. Segundo o alcalde un dos obxectivos desta edición é visibilizar o papel da muller.

A programación completarase con: obras de teatro, clown, pasacalles, regatas de piragüas, concertos e o festival Vikinsons que este ano terá lugar os días 3 e catro na Alameda de Catoira  e que contará coas actuacións de Ses, Treixadura e Óscar Ibáñez e Tribo entre outros.