VILAGARCIA> Zona Aberta de Vilagarcía entrega o premio de 600 euros en vales compra a agraciada do sorteo do día da nai. A premiada obtivo o premio mercando unha camiseta na tenda María Costureiro. A fortuna tamén sorrí a este establecemento que apenas leva unha semana aberto.
A Asociación de Comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía realizou unha nova campaña polo día da nai. A promoción consistía nun sorteo de 600 euros en vales compra para gastar nos establecementos asociados. Dende a asociación destacan a gran participación dos clientes.
A agraciada é Rebeca Da Silva que obtivo as papeletas mercando un agasallo para a súa nai na tenda María Costureiro.
A gañadora xa ten pensado en que gastar parte do premio.
Esta non é a primeira vez que a familia de Rebeca consegue o premio de Zona Aberta. Hai preto de 14 anos tamén a súa nai resultou premiada. A pesar de ser un agasallo para a ela, Rebeca dubida se mercara algo para a nai.
Dende María Costureiro tamén recibiron o premio con moita ledicia, xa que establecemento abriu as súas portas recentemente.
Dende a tenda tamén destaca a importancia para os pequenos comercios destas campañas.
Zona Aberta continuará realizando máis campañas para premias aos seus clientes. Mentres, a ilusión do sector están postas na terceira edición dos bonos son da casa que promociona o concello de Vilagarcía. Estarán á venta a partir do vindeiro 14 de maio.