Lectores, estudantes e curiosos enchen xa a nova biblioteca de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Vilagarcía estrea a súa nova biblioteca. Coincidindo co Día do Libro o concello abre as portas das novas instalacións, situadas na rúa Castelao. Un espazo que funciona xa a pleno rendemento logo do traslado dos fondos municipais, que contan con 55.000 libros. Hoxe, os primeiros lectores e estudantes, e tamén moitos curiosos, achegábanse ata a nova biblioteca. Tamén estivo por alí o alcalde da cidade.

Os libros enchen xa os andeis da nova biblitoca Rosalía de Castro de Vilagarcía. As novas instalacións botaron hoxe a andar, coincidindo co Día do Libro.

A nova biblioteca está na rúa Castelao no espazo que antes ocupa o Liceo Casino. Hoxe os primeiros usuarios facían uso das instalacións, ben buscando algún libro ou empregando as súas salas de lectura para estudar. Tamén, como non, moitos curiosos que aproveitaron a súa apertura para ver como quedara a conversión do espazo.

Varela salienta o “importante” investimento de 1,7 millóns de euros. Destaca a axuda da anterior Deputación de Carmela Silva e que tamén houbo que botar man dun préstamo que, lembra, non contou co apoio de certos grupos da oposición. Para eles, lanza mensaxe.

A apertura da biblioteca chega logo do traslado de 55.000 exemplares das antigas instalacións a estas. Tamén está aquí a colección infantil, no tempo que se tarde en reforma-lo espazo para a rapazada que se vai habilitar no Salón García.

Cando esa reforma sexa unha realidade, o espazo infantil da nova biblioteca será destinados a outros usos relacionados coa biblioteca.