Extráese con éxito o camión incrustado nunha casa de Salcedo

    camioncasa2_100.jpgPONTEVEDRA > Despois de case tres meses, hoxe foi extraído dunha casa de Salcedo, Pontevedra, o camión que en decembro se incrustara dentro do inmoble.

    Houbo que esperar ata agora para facelo, xa que se corría o risco de que ó quitar o camión sen o pertinente estudio técnico para a súa extracción, os cimentos da vivenda puidesen virse a baixo.

    Dende Enmacosa o enxeñeiro José González Piñeiro, encargado de facer a consultoría técnica desta operación, asegurou esta mañá que a estrutura da vivenda non sufrirá, nun comezo, máis danos.

    Para a excarceración do camión colocouse unha plataforma formada por cinco puntais que descansaban sobre distintas partes de cimentación do inmoble, sen realizar cortes nas paredes de ladrillo nin tocar tampouco o formigón armado. Unha complicada tarefa, que por fin, puido ter un final feliz para o propietario da casa.

    Redacción Salnés