A Deputación financiará o acondicionamento dos locais do Liceo Marítimo

    RIANXO> Con esta actuación darase cumprimento a unha das principais demandas do executivo rianxeiro de dar un uso social ás instalacións. Con gran satisfacción recibía o executivo rianxeiro a nova desta achega por parte da Deputación da Coruña, xa que lle permitirá poder desenvolver unha actuación que levaba tempo procurando como é o acondicionamento das antigas dependencias do Liceo Marítimo. O presuposto da actuación ascende a uns 57 mil euros, dos cales preto de 46 mil serán aportados pola institución provincial. As obras incluirán o acondicionamento da planta baixa, dende o paseo marítimo, coa construción de aseos adaptados, dobre fiestra e calefacción a todo o local, incluíndose ademais o pintado interior. Quedaría pendente a instalación do ascensor. O alcalde, Adolfo Muíños, confía en que as obras poidan estar xa rematadas este verán.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí