Monte Porreiro dalle unha marxe a Xunta co cese das concentracións

    xuntanzaveciosmonteporreiro_100.jpgPONTEVEDRA > Os veciños de Monte Porreiro, en Pontevedra, decidiron parar os actos de protesta contra o realoxo das familias xitanas de O Vao.

    Será polo menos ata este venres, logo da medida tomada pola Vicepresidencia de Igualdade e Benestar, de dar marcha atrás no realoxo das familias de etnia xitana procedentes de O Vao.

    As familias procedentes dos poboados chabolistas de O Vao e instaladas en Monte Porreiro, van ser trasladadas a outras vivendas e os veciños do barrio pontevedrés van cesar, polo de agora, as súas protestas. A decisión definitiva coñecerase mañá pola noite, logo da asemblea que reunirá ós habitantes de Monte Porreiro. A rectificación tomada pola Vicepresidencia da Xunta, vaille afectar tanto ás dúas familias da rúa Alemania, coma a de Portugal. Ademais, tamén se podería ampliar ás familias instaladas na Caeira e Pontecaldelas.

    A medida adoptada agora pola Xunta é un exemplo para os veciños de que as cousas que se estaban a facer mal dende un comezo. Segundo indicou o presidente da asociación veciñal El Mirador, Ángel Mario Lago, foi a propia Directora Xeral da Consellería de Asuntos Sociais quen lles comunicou onte pola tarde a medida. Ademais, na semana vindeira vanse a reunir coa delegada provincial da Consellería de Vivenda.

    Volver a realoxar ás familias procedentes de Vao era a resolución que dende un comezo expoñían coma única os veciños de Monte Porreiro. Avogaban que o barrio non estaba preparado para contar con máis vivendas destinadas a usos sociais. A isto engadíase a súa desconfianza a que as familias de O Vao puidesen traficar con droga. Aseguran ademais que a súa postura non era debida nin a motivos racistas nin xenófogos, xa que dende hai anos conviven en Monte Porreiro cunhas 500 familias de etnia xitana.

    Redacción Salnés