Rianxo acolle innovador proxecto docente sobre a obra de Juana Ibarbourou

RIANXO> O concello de Rianxo acollerá un innovador proxecto de docencia en torno á figura da poeta uruguaia Juana de Ibarbourou. Poesía, danza, música e creación escénica centrarán os obradoiros que se desenvolverán no auditorio o trece e catorce de abril. Dentro do programa de residencias artísticas que desenvolve Rianxo, a vindeira semana recalará na vila un novidoso proxecto producido por Acentral Folque. Baixo a dirección de Mariña Oural, en colaboración con Chefa Alonso, Mónica Cofiño e Irene Álvarez Coto, desenvolveranse os obradoiros que mesturan distintas artes escénicas; todas tomando como referencia a obra da poeta uruguaia con raíces galegas, Juana de Ibarbourou. A de Rianxo será a primeira cita duns obradoiros que recalarán tamén en Oleiros, Ortigueira e rematarán en Vimianzo onde se exporán os resultados desta experiencia sensorial e creativa. Aínda quedan algunhas prazas libres das quince habilitadas para os obradoiros que se desenvolverán no auditorio entre as catro e as oito da tarde.