![]()
BARBANZA > A Asociación Galega de Carpinteiros de Ribeira segue dando pasos para conseguir un regulamento que incorpore as novas tecnoloxías ó sector.
{flowplayer}barbanza/convenioagalcari.flv{/flowplayer}
Este venres celebrábase no concello de Boiro unha nova xuntanza para ir perfilando a actualización do regulamento da carpintería de Ribeira, que data de 1963. O obxectivo principal é introducir a utilización das novas tecnoloxías na construción naval en madeira, material ecolóxico con infinitas posibilidades e total respecto ó medio ambiente. O proxecto de crear un regulamento adaptado ós novos tempos para esta actividade artesanal nace no seo da Asociación Galega de Carpinteiros de Ribeira (AGALCARI) constituída recentemente en Boiro.
Apoio financieiro
Pero ademais do entusiasmo deste grupo de carpinteiros era necesario o apoio económico para facer realidade este proxecto. Da financiación farase cargo a Dirección Xeral de Innovación da Xunta de Galicia, que dende un principio apostou por potencia-lo importante segmento de mercado que supón a actividade artesanal no campo da construción naval, no que Galicia perfílase como a principal potencia.
Dende o departamento autonómico iniciaronse os contactos coa sociedade de clasificación Bureau Veritas, que conta na actualidade co único regulamento da construción naval en madeira de toda España. A actualización destas normas supón para os seus responsables, un importante reto que contribuirá a dotar a esta actividade dos requisitos de calidade que precisa.
Denominación de orixe
Tralas dúas primeiras xuntanzas de traballo, o regulamento vaise perfilando como requisito básico para poñer en valor a carpintería de ribeira. A medio e longo prazo, AGALCARI plantéxase novos obxectivos entre os que destaca a consecución dunha denominación de orixe para as embarcacións construídas de forma artesanal.
Redacción Barbanza








