Bota a andar unha das campañas electorais máis rifadas

    pegada100.jpgSALNÉS > Arranca unha das campañas máis rifadas. TVSB estivo onte na tradicional pegada de carteis. En Pontevedra o punto de encontro foi a alameda, …

    {flowplayer}images/salnes/pegada.flv{/flowplayer}

    SALNÉS > Arranca unha das campañas máis rifadas. TVSB estivo na tradicional pegada de carteis. En Pontevedra o punto de encontro foi a alameda, onde estiveron os cabeza de lista ó Congreso do PSOE, PP e Esquerda Unida. Polo BNG só estivo a candidata ó Senado Iria Aboy. Os candidatos do Salnés elixiron o parque Miguel Hernández de Vilagarcía para pegar os primeiros carteis.

    O candidato socialista ó Congreso Antón Louro contou co respaldo da conselleira de Pesca Carmen Gallego e da tenente de alcalde de Pontevedra Teresa Casal para pegar os primeiros carteis da campaña. Música e ata serpentinas animaron esta pequena festa socialista. A candidata do PP ó Congreso Ana Pastor chegou á Alameda pontevedresa acompañada do presidente da agrupación local Telmo Martín, quizás un dos máis animados desta noite electoral. Os populares arrancan esta campaña con gran confianza. Defenden o seu como un programa ambicioso que cumprirá con Galicia e con Pontevedra.

    O BNG contou en Pontevedra coa candidata ó Senado Iria Aboy, apoiada polo alcalde Miguel Fernández Lores. O inicio de campaña para eles foi un tanto amargo, polo falecemento onte de Lois Obelleiro, un dos fundadores do BNG. Gardaron un minuto de silencio, e logo colleron forzas para a carreira electoral. Por Esquerda Unida estiveron en Pontevedra os cabezas de lista ó Congreso e ó Senado, Juan José Guirado e Carmen Becerra. Coa pegada destes primeiros carteis, comeza a conta atrás ata o vindeiro 9 de marzo.

    PEGADA EN VILAGARCÍA

    Varios centos de persoas reuníronse a medianoite en Vilagarcía, no Parque de Miguel Hernández, para levar a cabo a tradicional pega de carteis. Dentro dun ambiente máis ben festivo, deixáronse ver dirixentes locais das principias forzas políticas. Por parte do PSOE acudíu á cita Domingo Tabuyo, diputado cambadés que conta co número 3 nas lista do seu partido pola provincia de Pontevedra. Polos populares, Jesús Pérez Arca estivo acompañado porTomás Fole, diputado vilagarcián. Tamén estieron a número 3 polo BNG, Rosa Abuín, e a número 2 por EU, Patricia Rey. Os cánticos duns e outros amenizaron un acto máis simbólico que electoralista.

    Redacción Salnés