O concello de Noia adxudica as novas prazas en alugueiro do aparcadoiro na rúa Xuíz Falcone

NOIA>  O concello de Noia adxudicou as prazas en alugueiro do aparcadoiro da rúa Xuíz Falcone. O resto de estacionamentos serán de uso libre aínda que haberá prazas reservadas para residentes no casco histórico.

O concello de Noia adxudicou, mediante sorteo, medio cento de prazas en alugueiro no aparcadoiro da rúa Xuíz Falcone das que hoxe mesmo xa puideron facer uso os novos usuarios. O resto serán de uso público, con estacionamentos reservados para residentes no casco histórico .

O alcalde lembrou que o concello ten que optar por este modelo para evitar o pago do IVE soportado que suporía un  grave prexuízo para as arcas municipais.

Santiago Freire evitou entrar en polémica ante as acusacións de mala xestión formuladas pola Marea de Noia, explicando que se están a dar os pasos necesarios para mellorar o estacionamento no municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí