LOUSAME> Dende as filas socialistas critícase o feito de que no que vai de lexislatura tan só se celebrara un pleno ordinario. O grupo municipal socialista volve a cargar contra a alcaldesa Teresa Villaverde, á que acusan novamente de estar a levar a cabo una xestión pouco transparente. Segundo o seu voceiro, Julio Paradela, estanse a producir situacións que evidencian claramente esta opacidade. A través de diversa documentación presentada quéixanse da periodicidade das sesións plenarias. No que vai de mandato só se celebrou unha con carácter ordinario. O voceiro socialista critica tamén o feito de que non se inclúan as súas mocións e do retraso co que reciben as actas das xuntas de goberno. Tamén se queixan de que os vídeos das sesións plenarias non estean subidos á web municipal tal e como se acordou e que non se lles facilitara un local no consistorio para poder desenvolver o seu traballo de oposición.
Inicio Barbanza - Muros - Noia